César Essayan (en , "Saysar Assayan"), nado en Sidón (Líbano) o 27 de maio de 1962 é un relixioso armenio-libanés, dende 2016 vigairo apostólico de Beirut.
Traxectoria Naceu o 27 de maio de 1962 en Sidón. O 8 de setembro de 1988 profesou como franciscano conventual. Foi ordenado sacerdote o 17 de abril de 1993, e no mesmo ano, o 21 de setembro, fixo os votos perpetuos.
O 2 de agosto de 2016 foi nomeado vigairo apostólico de Beirut e bispo titular de Mareotes. Recibiu a consagración episcopal de mans do cardeal prefecto da Congregación para as Igrexas Orientais Leonardo Sandri o 8 de outubro na catedral de san Luís de Beirut, e tivo como co-consagrantes principais ao seu predecesor Bulus Dahdah e ao nuncio no Líbano Gabriele Giordano Caccia.
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados no distrito de Sidón Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Franciscanos conventuais Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XXI