Stjepan Mlakić, nado en Fojnica (Bosnia, Imperio Otomán) o 1 de novembro de 1884 e finado no Cairo (Reino de Exipto) o 26 de xaneiro de 1951, foi un relixioso católico croata, misioneiro en África entre os shilluk e os nuer do Sudán, e un dos mais senlleiros africanistas croatas.
Traxectoria Naceu en Fojnica, entón baixo dominio otomán, o 1 de novembro de 1884. En 1915 profesou como relixioso dos Fillos do Sagrado Corazón de Xesús (hoxe combonianos). O 21 de outubro de 1938 foi nomeado prefecto de Bahr al-Xabal, cargo no que permaneceu até a súa renuncia o 21 de outubro de 1950. Ademais de croata, falaba alemán, italiano, inglés, árabe e nuer. As súas cartas ao seu irmán, tamén sacerdote, dan testemuña do seu contacto estreito cos nativos africanos. Doou unha gran colección de obxectos culturais ao Museu Etnográfico de Zagreb. Finou no Cairo o 26 de xaneiro de 1951.
Notas
Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados en Fojnica Categoría:Finados en 1951 Categoría:Relixiosos católicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Combonianos Categoría:Sacerdotes católicos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Sacerdotes católicos do Sudán do Sur Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Etnógrafos e folcloristas Categoría:Misioneiros