Enténdese por países bálticos ou estados bálticos ou repúblicas bálticas ás tres repúblicas europeas de Estonia, Letonia e Lituania. Sitúanse á beira do mar Báltico e dende 2004 forman parte da Unión Europea e da OTAN.
Pese a que historicamente estes tres países compartiron destinos e adóitase falar deles de xeito xeral como un todo. Os tres países amosan trala súa independencia na última década do século XX as súas extremas diferenzas e é que realmente só comparten proximidade xeográfica e décadas de ocupación pola Unión Soviética.
Lingua e cultura dos estados bálticos As linguas lituana e letoa, son linguas bálticas (polo tanto indoeuropeas), mentres que a estoniana pertence ó grupo das fino-úricas, e ten moitas similitudes coa lingua finesa.
Relixión As relixións maioritarias nas tres repúblicas son:
Lituania: católicos. Letonia: luteranos e católicos. Estonia: luteranos.
Nas tres repúblicas existe unha importante minoría rusa, a terceira parte da poboación en Letonia e a cuarta parte da de Estonia, que segue principalmente á Igrexa ortodoxa rusa.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Outros países con saída ó mar Báltico son: Dinamarca Finlandia Alemaña Rusia Polonia Suecia
Categoría:Rexións de Europa