O Club Patín Xunqueira foi un equipo de hóckey a patíns galego da localidade de Cee. Foi fundado en setembro de 2005 baixo a presidencia de Manuel Barcia García, para cubrir o oco deixado polo E.M.H. Cee, que chegara a competir en Primeira División. O club comezou a súa andaina con tres equipos nas categorías alevín, benxamín e prebenxamín, todos eles adestrados por Manuel Calo. Notas

Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Deporte en Cee