Lucille Désirée Ball, nada en Jamestown (Nova York) o 6 de agosto de 1911 e finada nos Ánxeles o 26 de abril de 1989, foi unha comedianta, actriz, modelo e produtora executiva estadounidense, célebre por protagonizar os programas I Love Lucy, The Lucy-Desi Comedy Hour, The Lucy Show, Here's Lucy e Life with Lucy. Foi unha das estrelas máis populares e influentes do seu país, cunha das carreiras máis longas de Hollywood, especialmente na televisión, onde Ball comezou a actuar na década de 1930, converténdose en actriz de radio e estrela de filmes de serie B nos anos corenta.

Traxectoria En 1929, comezou a traballar como modelo, e máis tarde comezou a súa carreira en Broadway co nome artístico de Dianne Belmont. Na década de 1930 apareceu en moitos papeis pequenos, grazas a un contrato con RKO Radio Pictures. Ball foi etiquetada como a "Raíñas dos bes", en referencia aos seus moitos papeis en filmes de serie B. En 1951, foi fundamental na creación da serie de televisión I Love Lucy. No programa tamén compartía créditos xunto co seu entón marido, Desi Arnaz como Ricky Ricardo e con Vivian Vance e William Frawley. O programa rematou en 1957, logo de 180 episodios.I Love Lucy . Consultado o 3 de agosto de 2011. Posteriormente fixéronse algúns axustes menores no formato do programa e cambiouse o nome da serie a The Lucy-Desi Comedy Hour, que se desenvolveu durante tres temporadas (1957-1960) e 13 episodios.The Lucy-Desi Comedy Hour . Consultado o 3 de agosto de 2011. Ball chegou a protagonizar outras dúas series de televisión de éxito: The Lucy Show, que se transmitiu na CBS dende 1962 ata 1968 (156 episodios) e Here's Lucy dende 1968 ata 1974 (144 episodios). O seu último traballo nunha serie de televisión foi Life with Lucy en 1986, que fracasou tras emitir oito episodios, aínda que se produciron trece.

En 1953, en plena gravación da serie I Love Lucy, Ball viuse envolta nunha polémica ao atoparse baixo investigación do Comité de Actividades Antiestadounidenses da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América. O asunto procedía de anos anteriores, cando Ball se rexistrou para as eleccións de 1936 e definiu a súa afiliación ao Partido Comunista,«Index to Register of Voters» Los Angeles City Precinct No. 1598, Os Ánxeles, California, 1936. Consultado o 28 de xuño de 2011. polo que en 1938, se empregou o mesmo rexistro.Suzann Campbell, «New California Voter Registrations Reveal Celebrity Party Lines » Ancestry.com. 30 de xaneiro de 2008. Consultado o 28 de xuño de 2011. O 4 de setembro de 1953, Ball reuniuse en privado en Hollywood co investigador do comité, William A. Wheeler, a quen lle deu un testemuño selado. Dixo que ela se inscribira para votar como comunista ou "intentou votar polo candidato do Partido Comunista» en 1936 por insistencia do seu avó socialista.Ball explicou: «Naqueles días facer iso non era unha gran cousa terrible. Era case tan terrible como un republicano nese entón». Testimonio de Lucille Désirée Ball Arnaz, 4 de setembro de 1953, Comité de Actividades Antiestadounidenses, Casa de Representantes, 83º Cong., 1º ses., «Investigation of Communist Activities in the Los Angeles Area— part 7», 4 de setembro de 1953 (Washington: Oficina de Impresión do Goberno dos Estados Unidos, 1953), p. 2571 (PDF p. 18). Afirmou que «en ningún momento tiven a intención de votar como un comunista».

J. Edgar Hoover, entón director do FBI, nomeou a «Lucy e Dezi» [sic] entre os seus «favoritos do mundo do espectáculo».Flaherty, Vincent X. «Hoover Hits Crime Trends in Movies», Los Angeles Examiner, 23 de outubro de 1956, («Arquivo do FBI: Lucille Ball, parte 1»), PDF p. 32. Inmediatamente antes da filmación do episodio 68 de I Love Lucy («The Girls Go Into Business»), Arnaz, en vez de facer o seu habitual quecemento coa audiencia, falou co público sobre Ball e o seu avó. Arnaz bromeou dicindo: "O único vermello que ten Lucy é o seu cabelo, e aínda este non é real". A continuación, presentou a súa dona e recibiu unha ovación do público.The Museum of Broadcast Communications. «Ball, Lucille ». Consultado o 28 de xuño de 2011.

Ball recibiu 17 candidaturas aos Premios Emmy, das cales gañou catro. En 1977, foi unha das primeiras gañadoras do premio Women in Film Crystal. Tamén recibiu o Premio Cecil B. DeMille en 1979, o premio á traxectoria do Centro John F. Kennedy en 1986 e o Premio Gobernadores da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas en 1989.

O 26 de abril de 1989, Ball faleceu dunha disección aórtica aos 77 anos.

Vida privada En 1940, Ball coñeceu o cubano Desi Arnaz e casou con el. En 1951, deu a luz a súa primeira filla, Lucie Désirée Arnaz; un ano e medio máis tarde, tivo o seu segundo fillo, Desiderio Alberto Arnaz IV, coñecido como Desi Arnaz, Jr. Ball e Arnaz divorciáronse o 4 de maio de 1960. No momento da súa morte estaba casada co seu segundo marido e socio, o comediante Gary Morton, co que contraera matrimonio vinte e oito anos antes.

Filmografía Roman Scandals (1933) The Three Musketeers (1935) Damas do teatro (1937) Room Service (1938) Five Came Back (1939) Dance, Girl, Dance (1940) The Big Street (1942) Best Foot Forward (1943) Forever, Darling (1956) Yours, Mine and Ours (1968) Mame (1974)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Páxina web oficial Lucille Ball en Museum of Broadcast Communications. Obituario en The New York Times 1944 Orson Welles Radio Almanac (part 1)

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Chautauqua, Nova York Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Paseo da Fama de Hollywood