Felipa Jove Santos, nada na Coruña en 1969, é a presidenta da Fundación María José Jove e vicepresidenta da corporación Inveravante, presidida polo seu pai, Manuel Jove.Felipa Jove: «El secreto del éxito está en la humildad». ABC, 22/04/2015. Consultada o 10 de setembro de 2018.

Traxectoria Felipa Jove cursou estudos de comercio exterior e relacións internacionais, e realizou un máster en dirección de empresas de comercio internacional e un MBA en comercio internacional.Felipa Jove. Biografía na páxina web de La Caixa. Consultada o 10 de setembro de 2018.

A súa traxectoria profesional está ligada ao Grupo Fadesa, onde desenvolveu distintas responsabilidades na súa última década, como a dirección da Xestión da División Patrimonial, que exerceu desde 1999 até 2002, cando foi nomeda vicepresidenta, cargo que desempeñou até 2007.

Además, Felipa Jove é a presidenta da Fundación María José Jove, que promove accións a favor da infancia desde 2003, cando foi constituída en recordo da súa irmá María José, prematuramente falecida.

O día 27 de abril de 2006, a Xunta de Galicia aprobou un decreto da Consellería de Educación polo que se nomeaba a Felipa Jove como presidenta do Consello Social da Universidade da Coruña (UDC), cargo que ocupou até agosto de 2008.Felipa Jove, elegida Gallega de Enero por su compromiso social . El Correo Gallego, 30/01/2011. Consultada o 10 de setembro de 2018.

Vida persoal Casou con Javier Arnott e é nai de Amparo Arnott Jove.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista con Felipa Jove, vicepresidenta de Fadesa: "En Fadesa, la lealtad es muy importante" eleconomista.com . Páxina web da Fundación María José Jove .

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes