A Unión Deportiva Ibiza-Eivissa é un club de fútbol español da cidade de Eivissa, nas Illas Baleares. Fundouse en 2015 e compite na Segunda División B de España.
Historia O equipo foi fundado no verán de 2015 por un grupo de empresarios encabezado por Amadeo Salvo, que depositaron 60.000 euros na Federación Balear de Fútbol para saldar a débeda que deixara a extinta Unión Deportiva Ibiza e así poder usar o seu nome.
Na súa segunda tempada na Rexional Preferente consegue o ascenso a Terceira División, categoría na que só milita un ano xa que, tras quedar terceira no grupo balear, cae derrotada na última eliminatoria de ascenso contra o Atlético Levante. Con todo, a inhabilitación do Lorca FC por parte da RFEF, permite ao equipo adquirir unha praza para xogar por primeira vez en Segunda División B.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 2 (Incluída a 2019/20) Tempadas en 3ª: 1
Palmarés Rexional Preferente (1): 2016-17
Xogadores Actualizado a 2 de febreiro de 2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club
Ibiza Ibiza