María Fernanda Tabarés Domínguez, nada en Ourense o 27 de febreiro de 1968, é unha xornalista galega.
Traxectoria
É licenciada en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid.Cierra el programa de Fernanda Tabarés que daba notoriedad a V Televisión. En Mudiario, 1 de decembro de 2016. Consultada o 12 de setembro de 2018. Tabarés leva máis de cinco lustros vinculada ao Grupo Voz, onde desenvolveu diversas tarefas xornalísticas e de xestión.
Entre outras funcións, foi delegada de La Voz de Galicia no Carballiño - O Ribeiro, xefa de sección de Sociedade e Cultura de La Voz de Galicia, xefa de Sociedade de Diario 16 e delegada do mencionado xornal coruñés en Vigo.
Entre os anos 2009 e 2010 participou como comentarista en 13 dos programas de Foro Aberto que emitiu a Televisión de Galicia.
Desde 2010 até a súa desaparición en decembro de 2017, dirixiu e presentou o programa Vía V, de V Televisión, con 1 128 emisións.«Vía V» cumple mil programas analizando la actualidad. La Voz de Galicia, 29/02/2016. Consultada o 12 de novembro de 2018. Polo seu traballo neste desaparecido programa de debate e faladoiro gañou o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión en 2012.Fernanda Tabarés en Deputación de Pontevedra. Foro "As mulleres que opinan son perigosas". Consultado o 12 de setembro de 2018.
Presentou as Galas dos Premios Mestre Mateo nos anos 2013 e 2014.Fernanda Tabarés en IMDb. Consultada o 16 de setembro de 2018.
Despois da suspensión das emisións de Via V, desde os comezos do ano 2018 —coa conclusión da serie O final do camiño— a produtora Voz Audiovisual, da Corporación Voz de Galicia, renovou a súa estrutura. Fernanda Tabarés, até esta data directora de V Televisión, foi nomeada directora de Voz Audiovisual, sucedendo a Carlos Carballo.Fernanda Tabarés, nueva directora de la productora Voz Audiovisual. La Voz de Galicia, 12/01/2017. Consultada o 12 de setembro de 2018.
Fernanda Tabarés escribe un artigo semanal no suplemento YES (Ya Es Sábado) do xornal La Voz de Galicia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Grupo Voz Medios Audiovisuales Gallegos V Televisión Ligazóns externas Artigos de Fernanda Tabarés no suplemento YES. Os primeiros minutos de vida de V Televisión. Con Fernanda Tabarés presentando, 30-05-2010. Youtube. Entrevista a Fernanda Tabarés. Revista Entrepontes, do IES Campo de San Alberto de Noia, 21-04-2015. Youtube. Entrevista a Xosé Manuel Beiras en Vía V, 17-06-2016. Youtube. PP y PSOE pactan para cerrar en falso el accidente de Angrois 3 años después V Televisión, 10-05-2016. Youtube. Fernanda Tabarés "Opinión na contraportada. A páxina máis cobizada" Entrevista no Canal Rías Baixas, 4-04-2018. Youtube.
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes