Sáchica é un concello colombiano que se atopa a uns 32 km ó oeste de Tunja, na provincia de Ricaurte no departamento de Boyacá, recoñecido como capital nacional da cebola.http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-561866

As esculturas alusivas ó sol e a lúa como homenaxe aos deuses dos indíxenas, o Festival de Música Sacra en Semana Santa e a representación desta en vivo, xunto aos templos e mosteiros católicos, e a sala de oración da Igrexa de Deus Ministerial de Xesucristo Internacional cunha arquitectura de estilo colonial, déronlle o título de "A Xerusalén de Colombia".

A poboación segundo o censo de 2005 é de 3868 habitantes dos cales 1644 compoñen a poboación urbana e 2139 a rural. A economía sachiquense baséase no turismo relixioso, a agricultura e a explotación mineira.

O acceso a Sáchica realízase vía terrestre, pola estrada a Tunja capital do departamento, a Chiquinquirá e a Arcabuco.

Historia A súa orixe é anterior á conquista, gobernado por un cacique tributario do Zaque de Hunza. Durante o século XVI foi encomenda e estabeleceuse a doutrina dos Agostiños e Dominicos. A fins de século XVII era resgardo. Etimoloxicamente Sáchica significa en lingua muisca fortaleza ou mansión do soberano muisca. A poboación indíxena, foi castigada e decimada entre os séculos XVI - XVIII. Aínda se conserva no centro da vila unha mostra histórica da pedra onde se castigaba ós indíxenas. En 1574 existían 600 familias (2500 persoas); en 1635 o censo demostraba a presenza de 1010 indíxenas, que para 1757 se reduciu a 22 indios tributarios, 177 campesiños e 38 familias españolas ou crioulas cun total de 136 persoas. O total de habitantes diminuíra a 336.

En 1954 durante o goberno do xeneral Gustavo Rojas Pinilla construíuse a estrada entre Villa de Leyva e Tunja. Na arquitectura de Sáchica predomina o tipo colonial.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca