El bosque del lobo é un filme dramático de 1971, ambientado en Galicia e dirixido por Pedro Olea, escrito por el mesmo e Juan Antonio Porto, e baseado na novela El bosque de Ancines de Carlos Martínez-Barbeito, que á súa vez está baseada en feitos reais, concernentes ao caso de Manuel Blanco Romasanta e o mito de que era un lobishome.
No filme desenvólvese a historia dun asasino similar a Romasanta, pero esta vez chamado Benito Freire, interpretado por José Luís López Vázquez. A cinta é actualmente considerada un clásico da cinematografía española da súa época e a primeira interpretación totalmente recoñecida de López Vázquez.
Argumento Benito Freire dedícase á venda ambulante por diferentes aldeas galegas e sofre frecuentes episodios de ataques e esquizofrenia. Debido a certos feitos que se dan co transcurso do tempo, pola comarca comeza a estenderse o rumor de que Freire padece a maldición da licantropía.
Elenco
José Luís López Vázquez como Benito Freire. Amparo Soler Leal como Pacucha. Antonio Casas como o abade. Nuria Torray como Avelina. John Steiner como Robert. Alfredo Mayo como Don Nicolás de Valcárcel. Carlos Fuertes como o fillo de Don Nicolás de Valcárcel. Luis Fuertes como o outro fillo de Don Nicolás de Valcárcel. Paul Ellis. Amadeo Souto Doval como Cazador 1.
Produción O filme foi rodado en Santa Baia de Berredo, Celanova, Verín, Becerreá, Tui e Astorga. Non foi do agrado do almirante Carrero Blanco, quen intentou prohibir a película despois de vela en sesión privada.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha do filme en Filmaffinity (en castelán). Ficha do filme en IMDb (en inglés).
Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 1971 Categoría:Filmes dirixidos por Pedro Olea Categoría:Filmes ambientados no século XIX