Anduriña é unha canción gravada e publicada en 1968 polo dúo español de pop Juan y Junior.

Descrición Ambientada na Galicia rural, a letra da canción refírese á desaparición dunha moza nomeada cariñosamente "Anduriña", con ganas de vivir a vida, aínda que un dos vellos do lugar confía no seu regreso.

Publicouse como sinxelo con "Para verte reír" na cara B. A contraportada da edición foi ilustrada cun debuxo orixinal de Pablo Picasso, do 23 de xaneiro de 1968, o único que realizou para unha carátula dun disco.

Versións A canción foi traducida ao galego, interpretada por Juan Pardo e Joan Manuel Serrat máis de trinta anos despois da publicación do disco orixinal.

Foi tamén versionada pola cantante Bea Porrúa para o álbum Berce galego (2009). Tamén foi interpretada en varias ocasións polas fillas do autor, Teba e Lys.

En 2023 foi versionada por La Casa de los ingleses.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Discogs Programa No bico un cantar da Televisión de Galicia, dedicada ao autor e á canción, 2013 Juan y Junior cantan Anduriña - Youtube Juan Pardo e Serrat cantan Anduriña en galego - Youtube Martes y Trece cantan Anduriña - Youtube Teba y Lys cantan Anduriña - Youtube

Categoría:Cancións