miniatura|Creseida (estatero) de ouro cuñada en Sardes. Anverso: prótomo de león e de touro en loita. Reverso: dous cadrados incusos. Peso: 8,06 g. miniatura|Os característicos touro e león loitando, no anverso dunha creseida de prata

Creseida é a denominación das moedas da Antiga Grecia con valor dun estatero cuñadas en ouro, electro e prata no século VI a. de C. no Reino de Lidia, na Asia Menor, baixo a autoridade do seu derradeiro monarca, Creso (ca. 561-547 a. de C.), de quen toman o nome."Creseida". En Alfaro Asins et al. (2009)."Croesean staters" e "croeseid". En Melville Jones, J. R. (1986)"Créséide". En Amandry (2001)

Caracterización Os primeiros estateros de Creso cuñáronse en electro, unha aliaxe de prata e ouro pobre neste último metal, e tiñan un peso de arredor de 14,3 gramos. Mais adiante emitíronse tamén en ouro e en prata puros, aínda que xa cun peso inferior."Silver croeseid stater". En Archaeological Exploration of Sardis.

Unha característica da tipoloxía das creseidas é o feito de estaren cuñadas en discos de groso calibre e con forma ovoide. Os seus anversos caracterizábanse preferentemente pola representación de anomais; as máis frecuentes eran o touro e o león en loita, o león en solitario e o cabalo.Glandfield, R. "Croeseid Types". En The gold & silver coins of Croesus. Sidney, 2012.

Os seus reversos estaban sempre ocupados por un ou dous cadrados incusos gravados mediante golpe de punzón.Katsari Konstantina. "Croeseid stater". En Digital Encyclopaedia of the Hellenic World.

Xa na Antigüidade, estimábase que estas moedas eran as primeiras que existiran. Os Lidios, segundo Heródoto "foron os primeiros homes que adoitaron cuñar moedas de ouro e de prata".Heródoto. Historias. Libro I, 94: πρωτοι δε ανθρωπων των ημεις ιδμεν νομισμα χρυσου και αργυρου κοψαμενοι εχρησαντο ("os lidios foron, polo menos que saibamos, os primeiros que cuñaron para o uso público a moeda de ouro e prata"). E tamén Xenófanes expresaba a mesma opinión.Citado en Xulio Pólux. Onomasticon. IX, 83.

Creseidas aqueménidas

Cando Ciro o Grande, rei do Imperio Aqueménida, invadiu Lidia e toda a Asia Menor, adoptou o sistema bimetálico introducido por Creso e continuou coas cuñaxes de ouro e de prata en Sardes seguindo o modelo da creseida ata arredor de 520 a. de C.Metcalf, W. E. (2016). Páxina 51. O deseño dos animais neste período era máis ríxido, menos natural que o das emisións orixinais lidias.Metcalf, W. E. (2016). Páxinas 49-50.

Algunhas destas moedas foron atopadas en moi boas condicións no coñecido como Tesouro de Apadana, achado baixo os cimentos do palacio de Apadana en Persépole, datado ca. 515 a. de C., o que confirma que as moedas foran cuñadas non recentemente baixo administración aqueménida. Fisher, W. B. et al. (1968). Páxina 617.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Moeda da Antiga Grecia Estatero

Bibliografía

Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Breglia, L. (1974). Interrogativi sulle "Creseidi". Pisa. Scuola Normale Superiore. Baldwin, A. Catalogue of Greek coins. Museum of Fine Arts. Boston, 1955 Barclay Head, V. H. Historia Numorum: a Manual of Greek Numismatics. Londres e Oxford, 1911. Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820 Fisher, W. B. et al. (1968). The Cambridge History of Iran. Cambridge University Press. ISBN 9780521200912 Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813 Metcalf, W. E. (2016). The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Oxford University Press. ISBN 9780199372188

Ligazóns externas

"From the Origin of Coins to Croesus". Shandruck, W. M.

Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de Asia Categoría:Moedas de ouro Categoría:Moedas de prata Categoría:Asia Menor