Cómbita é un concello colombiano que se atopa na provincia do Centro, no departamento de Boyacá. Está situado sobre a Troncal Central do Norte a uns 8,5 km da cidade de Tunja, capital do departamento, de cuxa área metropolitana fai parte Cómbita.
O concello limita ó norte con Arcabuco e Sotaquirá, ó sur con Tunja e Motavita, ó leste con Tunja e Oicatá, e ó oeste con Arcabuco e Motavita.
Toponimia O topónimo «Cómbita» provén do nome da tribo que habitaba no lugar antes da chegada dos españois, é unha palabra que en muysc cubun (lingua muisca) significa «forza do cume».
Historia Na época precolombiana, o territorio do actual municipio de Cómbita estivo habitado polos muiscas tributarios do Zaque de Hunza (actual Tunja). En 1586, estabelecéronse na zona os pais Agostiños Recoletos, quen administraron a poboación até 1764. En 1776, o arcebispo de Santafé de Bogotá, don Agustín Alvarado e Castelo, ditou un decreto para que se creasen novas parroquias «onde queira que as pidan os fregueses». Foi entón cando os habitantes de Cómbita solicitaron que o seu casarío fose elevado á categoría de parroquia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca