O Momotus momota é unha especie de ave coraciforme pertencente ó xénero Momotus da familia Momotidae.Momoto amazónico Momotus momota (Linnaeus, 1766) en Avibase. Consultada o 28 de xullo de 2018. É orixinario de América do Sur.
Distribución e hábitat Distribúese amplamente dende as terras baixas a leste dos Andes de Colombia e oeste de Venezuela, no escudo güianés de Güiana, Suriname e Güiana francesa, por toda a conca amazónica do Brasil, leste de Ecuador, sur e sueste de Colombia, sur de Venezuela, leste do Perú e norte de Bolivia, cara ó sur até o suroeste do Brasil, norte de Paraguai, sur de Bolivia e extremo noroeste da Arxentina, cunha poboación disxunta na costa nordés do Brasil.Amazonian Motmot (Momotus momota) en Handbook of the Birds of the World - Alive (en inglés). Consultada o 28 de xullo de 2018.
Descrición esquerda|miniatura|220x220px|Momotus momota, no Perú. É unha ave grande, de arredor de 48 cm de lonxitude; recoñécese pola súa cabeza voluminosa, cunha banda azul clara que rodea o seu curuto negro e vólvese morada na caluga; o seu peteiro é groso e forte, lixeiramente curvado cos bordos do pico aserrados; a cola é longa, de cor negra por baixo, coa rectrices graduais, as centrais terminadas en forma de raqueta, que ás veces abanea con movemento pendular.
Notas
Categoría:Animais descritos en 1766 Categoría:Aves da Arxentina Categoría:Aves de Bolivia Categoría:Aves do Brasil Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Ecuador Categoría:Aves da rexión da Güiana Categoría:Aves de Paraguai Categoría:Aves do Perú Categoría:Aves de Venezuela Categoría:Taxons descritos por Linné