miniatura|Nas áreas en que este mosaico do século IV d.C. caeu apareceu a sinopia preparatoria (Milán, Basílica de san Lourenzo) A sinopia é unha palabra que se refire, por unha banda, á denominación dun pigmento natural a partir dunhas terras amarronadas ou vermellas da rexión de Sinope, en Asia Menor, actual Turquía. Por outra, é a unha técnica empregada na pintura en fresco a partir do uso dese pigmento.

Consiste na realización dun bosquexo, do deseño a crear, sobre as masas do muro xa preparado para o que se empregan unhas terras vermellas. Unha vez concluído, o deseño vaise cubrindo, gradualmente, cunha derradeira capa de xeso

A sinopia tivo un uso abondoso até os primeiros anos do século XVI, cando foi progresivamente substituído polo grafito (que consistía en marcas obtidas pola presión sobre o deseño preparatorio) e polo bosquexo (debuxos realizados sobre cartolina que, de seguido, eran perforados nas beiras e sobre os que botaba po de carbón, de xeito que as liñas quedaban punteadas na parede).

Miguelanxo e Rafael utilizaron en varias preparacións estas terras de cor vermella nas súas obras coa técnica do fresco.Fleming & Honour (2004), p. 18

Coordenadas aproximadas da cor Triplete hexadecimal#CB410BRGB (r, g, b)(203, 65, 11)CMYK (c, m, y, k)(0, 68, 95, 20)HSV (h, s, v)( 12, 241, 203)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Arrigoni, Fabrizio F.V. (2011). Sinopie architettura ex artramentis. Lindlar Die Neue Sachlichkeit, ISBN 978-3942139-07-6 (Alemán/Italiano); ISBN 978-3-942139-08-3 (Italiano/Inglés).

Outros artigos

Lista de cores

Categoría:Técnicas de pintura Categoría:Cores