Jayson Antonie Granger Amodio, nado o 15 de setembro de 1989 en Montevideo, é un xogador profesional de baloncesto internacional uruguaio que xoga para o Reyer Venezia da Lega Basket Serie A. Cunha estatura de 1,89 metros pode xogar nas posicións de base e escolta.
Traxectoria No ano 2006, con tan só 16 anos, Granger asinou co CB Estudiantes, e debutou co primeiro equipo na tempada 2007-08. Tras rematar o seu contrato co Estudiantes, fichou polo Unicaja da Liga ACB.
O 26 de xuño de 2015, asinou un contrato de dous anos co Anadolu Efes SK turco.
O 16 de agosto de 2017, Granger asinou un contrato de tres anos co Baskonia da Liga ACB.
O 1 de agosto de 2020, Granger asinou co Alba Berlin da Basketball Bundesliga.
O 13 de xullo de 2021, anunciouse a volta de Granger ó Saski Baskonia da Liga ACB, asinando un contrato por dúas tempadas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Xogadores de baloncesto do Uruguai Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do ALBA Berlin Categoría:Xogadores do Reyer Venezia