Para a rexión da Chapada Diamantina no estado de Bahia, véxase Chapada Diamantina.

Diamantina é unha cidade brasileira do estado de Minas Xerais. Sitúase 280 km ó norte da capital do estado, Belo Horizonte.

Actualmente, unha das máis importantes actividades é o turismo, pero a agricultura e a extracción mineral tamén posúen algunha participación na economía. O seu nome orixinouse do descubrimento, na rexión, de xacementos de diamante.

Nesta cidade naceu o expresidente brasileiro Juscelino Kubitschek.

Non se debe confundir a cidade de Diamantina coa rexión da Chapada Diamantina, no estado da Baía.

Historia

A súa fundación (co nome de Arrial do Tijuco) ocorreu no século XVIII. Como o seu nome actual suxire, Diamantina foi centro de extracción de diamantes dende o século XVIII ata o século XIX. En 1835 foi elevada á condición de cidade e, en 1938 recibiu o título de Patrimonio Histórico Nacional, o primeiro recoñecemento, no Brasil, da importancia de seu acervo arquitectónico colonial.

O seu centro histórico tamén foi considerado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade.

miniatura|esquerda|250px|Construcións coloniais de Diamantina.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina da prefeitura Patrimônio Cultural da Humanidade Turismo cobertura fotografica

Categoría:Cidades de Minas Xerais Categoría:Patrimonio da Humanidade no Brasil