Egilmar I, nado en 1040 e finado en 1112, tamén coñecido como Elimar I, foi o primeiro conde de Oldemburgo e reinou entre 1101 e 1108.

Vida e familia Egilmar casou con Rixa (tamén coñecida como Rikissa e Richenza, isto é, Riquilda), quen segundo os anais de Stade foi a filla de Dedi ou Adalger.Donald C. Jackman, Canes palatini: Dynastic Transplantation and the Cult of St Simeon, p. 8

O nome de Egilmar/Elimar atópase nunha carta que data de 1108. A súa esposa pretendía descender de Viduquindo, un notable defensor dos saxóns e o principal opoñente de Carlomagno durante as guerras saxoas de 777 a 785, pero non hai outra evidencia disto.The Athenæum (1894), p. 494

Egilmar é o antepasado patrilineal da Casa de Oldemburgo, que gobernaron como monarcas de Dinamarca de forma continua desde 1448, e tamén como condes, duques, reis, ou emperadores de Noruega, Suecia, Rusia, Oldemburgo, Schleswig-Holstein, Lauemburgo, e Grecia. Descendentes patrilineais actuais de Egilmar inclúen a Margarida II de Dinamarca, Harald V de Noruega, Filipe VI de España, Constantino II de Grecia, María Vladimirovna Romanova, Carlos de Gales, herdeiro aos tronos dos reinos da Commonwealth, e Cristovo de Schleswig-Holstein, o actual descendente maior de Egilmar por liña masculina.Michel Huberty, L'Allemagne dynastique, Volume 7, Giraud, 1994, ,

Foi sucedido polo seu fillo Egilmar II.

Notas

Categoría:Finados en 1112 Categoría:Nados en 1040 Categoría:Condes de Oldemburgo