Darrun Hilliard II, nado o 13 de abril de 1993 en Bethlehem, Pensilvania, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Maccabi Tel Aviv BC da Ligat HaAl israelí.
Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Hilliard foi seleccionado na 38ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons. Tras facer 9.3 puntos por encontro na Liga de Verán de Orlando, o 20 de xullo de 2015 asinou un contrato de tres anos cos Pistons.
O 11 de setembro de 2017, Hilliard asinou cos San Antonio Spurs.
O 13 de agosto de 2018, Hilliard asinou un contrato dun ano co Saski Baskonia da Liga ACB.
O 3 de xullo de 2019, Hilliard asinou un contrato dun ano co PBC CSKA Moscova da VTB United League.Darrun Hilliard también ficha por el CSKA
O 16 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Hilliard por unha tempada polo FC Bayern München da Basketball Bundesliga.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en BasketballReference.com Perfil en ACB.com
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados no condado de Lehigh, Pensilvania Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC