Hilario Pérez Louzao, máis coñecido como Lázaro Louzao, nado en Xove en 1988, é un cineasta e fotógrafo galego.

Traxectoria Comezou a expoñer fotografía en 2006 cando aínda cursaba bacharelato na Coruña. Ese mesmo ano mudouse a Santiago de Compostela, onde estudou Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo e fixo un máster en Arte e Comunicación.

En 2010 trasladouse a Bilbao, onde dirixiu as súas primeiras curtametraxes á vez que estudaba Comunicación Audiovisual. Entre estes primeiros traballos destaca CRAC, baseado no poemario homónimo de Gonzalo Hermo. Despois dun breve período en Barcelona onde dirixiu a súa terceira curta no mestrado de Documental Creativo, volveu á Coruña no ano 2016, onde creou Costura Films.

En 2018 estreou no Festival Zinegoak de Bilbao a súa primeira longametraxe, Nove de novembro, que é a primeira de temática LGBT rodada en lingua galega. En setembro recibe o premio á mellor película galega na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

En xuño do 2020 recibe da man de ALAS A Coruña o XVI Premio Marcela e Elisa a visibilidade LGBT, porén o acto de entrega quedou adiado por mor da pandemia de COVID-19. En xaneiro do 2022 publica Palpar a Pel, un libro que recolle a súa traxectoria fotográfica de espidos masculinos.

Filmografía Curtametraxes Los seres sombríos (2013) CRAC (2014) La luz que no vemos (2015) Volver Cantando (2024)

Longametraxes Nove de novembro (2018)

Fotografía Exposicións Occidente (2006) Semillas del asfalto (2007) Morte e tempo: Ouro falso de 18 kilates (con poemas de Andrea Nunes Brións)(2007) Destino Nafta (2008) Hai roupa tendida (con poemas de Andrea Nunes Brións) (2008) Ilun Ikarak (2013) Atxarte (2014) AZUL ROJO OCRE (2017) O Tento (2018) Queerborgs (2020) Sovint, Lluentons a la boca (2022) A Idade dos Metais (2022) Na parte baixa da escaleira (2022) OBUMBRATIO (2024)

Publicacións

AZUL ROJO OCRE (2017) (Fanzine da exposición) Palpar a Pel (2022) (Libro recopilatorio; prólogo de Abel Azcona) ISBN: 978-84-09-37539-4 A Idade dos Metais (2022) (Fanzine da exposición) 50 PdG (2023) (Ilustracións) OBUMBRATIO (2025) (Serie fotográfica) ISBN: 978-84-129067-9-0

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina Oficial

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Xove Categoría:Nados en 1988