Soulfly é unha banda estadounidense de metal formada en Phoenix, Arizona en 1997. O grupo está liderado por Max Cavalera, antigo líder de Sepultura, que formou Soulfly tras deixar o conxunto brasileiro un ano antes. Ata a data leva publicados dez álbums de estudio, un EP, 23 sinxelos e un vídeo. O seu álbum de estrea, Soulfly, editouse o 21 de abril de 1998, mentres que o máis recente, Archangel, lanzouse o 14 de agosto de 2015.

Soulfly incorpora moitos estilos de metal con música tribal brasileira e world music. Os seus primeiros seis álbums estreáronse nos Estados Unidos na lista Billboard 200, sendo a posición máis alta o número 32 conseguido polo seu segundo traballo, Primitive. En novembro de 2005 Soulfly foi certificado ouro pola RIAA. A banda pasou por diferentes cambios na súa formación, sendo Cavalera sendo o único membro constante. Nunha entrevista no ano 2015 Max revelou que o nome do grupo foi collido da canción "Headup" de Deftones, na cal colaborou.

Discografía Álbum Ano Selo Soulfly 1998 Roadrunner Records Primitive 2000 3 2002 Prophecy 2004 Dark Ages 2005 Conquer 2008 Omen 2010 Enslaved 2012 Savages 2013 Nuclear Blast Archangel 2015 Ritual2018Totem2022

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Arizona Categoría:Grupos musicais de groove metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais de death metal Categoría:Grupos musicais de nu metal Categoría:Grupos musicais formados en 1997