A batalla do Pantano de Vargas foi un enfrontamento armado que ocorreu no hoxe chamado Pantano de Vargas, no concello colombiano de Paipa, o 25 de xullo de 1819. Enfrontou as tropas patriotas e as tropas realistas na campaña libertadora pola independencia de Nova Granada, hoxe Colombia, Panamá, Venezuela e Ecuador.
Nela, o exército neogranadino-venezolano ó mando de Simón Bolívar pretendía pechar o paso ás forzas de apoio de José María Barreiro que se dirixía á cidade de Bogotá. Esta batalla resultou moi difícil para os homes ó mando de Bolívar, que estiveron preto da derrota xa que o exército atopábase esgotado e desorganizado tralo difícil ascenso ao páramo de Pisba.
Monumento
Para a celebración dos 150 anos da independencia, Rodrigo Arenas Betancourt esculpiu os cabalos e xinetes en bronce, mentres que a estrutura de concreto, aceiro e bronce foi deseñada polo enxeñeiro Guillermo González Zuleta. Mide 100 metros de longo, 30 metros de ancho e 33 metros de alto. Os 15 cabalos son de bronce e pesan cada un case 2 toneladas, sendo o monumento máis grande de Colombia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Independencia de Colombia
Categoría:Historia de Colombia Categoría:Batallas do século XIX Categoría:1819 Categoría:Historia de Venezuela