O mar de Mirtoon (, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida. parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum. 2011)

O Golfo Sarónico, o golfo de Atenas, sitúase entre a Canle de Corinto e o Mar de Mirtoon.

Dise que foi nomeado despois de que o mítico heroe Mirtilo, que fora lanzado a este mar por un enfurecido Pélope. O nome tamén estivo relacionado co da doncela Mirto. Tamén se di que deriva o seu nome dunha pequena illa chamada Mirtus.

Notas

Véxase tamén

Referencias Horacio fai referencia ao Mare Myrtoum no Liber I, Carmen I, liña 14 ("Ad Maecenatem").Véxase en: . Plinio o Vello (IV, 11. s. 18) considera que Mirtoon é unha parte do Eceo. Estrabón distingue entre o Mirtoon e o Exeo; Estrabón escribíu que o Exeo termina no promontorio de Sunio, na Ática.

Outros artigos Illas do Exeo Ligazóns externas

Categoría:Mares do Mar Mediterráneo Categoría:Mar Exeo Categoría:Mar Mediterráneo