O Oural é un lugar da parroquia de Chorente, no concello lugués de Sarria, na comarca de Sarria. Atópase a 600 metros de altitude. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 319 habitantes (155 homes e 164 mulleres).
Historia
esquerda|miniatura|Publicidade da fábrica de cementos, 1967. En 1962 inaugurouse a factoría de Cementos Noroeste, e arredor dela comezaron a construírse numerosas vivendas para acoller os traballadores. Escolleuse para a fábrica esta localización pola proximidade á estación do Oural, da liña León - A Coruña.
Comunicacións Polo Oural pasa a estrada LU-546 que une Lugo e Monforte de Lemos. Tamén rodea a localidade polo oeste o corredor CG-2.2 que realiza o mesmo percorrido que a estrada anterior sen pasar polas localidades. A estrada secundaria LU-642 une O Oural co concello do Incio.
Patrimonio Igrexa de San Xosé.
Lugares e parroquias
Parroquias de Sarria
Notas
Categoría:Lugares de Sarria