Metal Box é o segundo álbum da banda inglesa de post-punk Public Image Ltd, publicado o 23 de novembro de 1979 a través do selo Virgin Records. Foi reeditado enfebreiro de 1980 por Virgin no Reino Unido e por Warner Bros. Records e Island Records nos Estados Unidos.
O álbum afastouse do son do primeiro disco da banda, Public Image: First Issue , coa banda movéndose cara a unha sonoridade máis vangardista caracterizada polas voces crípticas de John Lydon, ritmos propulsivos inspirados no dub e liderados polo baixista Jah Wobble, e un abrasivo son "metálico" de guitarra desenvolvido polo guitarrista Keith Levene.
Metal Box é amplamente considerado un fito do post-punk. No ano 2003 o disco foi clasificado número 469 da lista da revista Rolling Stone dos mellores 500 álbums de todos os tempos, subindo na súa revisión de 2012 ao posto 461.
Listaxe de cancións Edición orixinal A edición orixinal de Metal Box estaba formada por seis caras en vinilos de 12" reproducidos a 45rpm.
Segunda edición A segunda edición son catro discos a 33rpm e conta cunha orde de cancións lixeiramente distinta ("Socialist/Chant/Radio 4" está separada nos seus compoñentes, con "Socialist" e "No Birds" intercambiando os seus lugares).
Notas
Categoría:Álbums de Public Image Ltd Categoría:Álbums musicais de 1979 Categoría:Álbums de Virgin Records