A Catedral de Sal é un recinto construído no interior das minas de sal de Zipaquirá, no departamento de Cundinamarca, Colombia.
O deseño arquitectónico e artístico da nova Catedral de Sal, é propio do arquitecto bogotano Roswell Garavito Pearl, o cal saíu aprobado tras a elección do proxecto que contiña un total de 44 propostas nun concurso convocado pola Sociedade Colombiana de Arquitectos en 1990; mentres que a dirección técnica de enxeñaría foi executada polo enxeñeiro bogotano Jorge Enrique Castelblanco Reyes.
No seu interior atópase unha rica colección artística, especialmente de esculturas de sal e mármore nun ambiente cheo dun profundo sentido relixioso que atrae a turistas.CALA, Bibiana. Los relatos populares reactivados por la institución social del turismo: el caso de Zipaquirá y Nemocón. Monografía de tesis. Universidad de Los Andes. Bogotá, 2000.
A catedral de Sal de Zipaquirá é considerada como un dos logros arquitectónicos e artísticos máis notables da arquitectura colombiana, polo que se lle outorgou mesmo o título de xoia arquitectónica da modernidade.El nuevo Diario. Brújula para leer. Zipaquirá. A importancia da Catedral, radica no seu valor como patrimonio cultural, relixioso e ambiental.
En 2007 mediante un concurso para elixir as 7 Marabillas de Colombia; a Catedral de Sal obtivo a maior votación; converténdose na Marabilla número 1 de Colombia, aínda que tamén foi proposta entre as Novas sete marabillas do mundo moderno.
A igrexa subterránea forma parte do complexo cultural "Parque do Sal", espazo cultural temático dedicado á minaría, a xeoloxía e os recursos naturais.http://www.catedraldesal.gov.co/ "Parque de la Sal", En: Catedral de Sal de Zipaquirá
Localización A Catedral de Sal atópase na cidade de Zipaquirá, poboación do departamento de Cundinamarca, a 29 quilómetros ó norte do Distrito Capital de Bogotá e a unha altitude de 2.680 msnm. Por vía férrea a Catedral dista da cidade de Bogotá uns 48 quilómetros, o percorrido é realizado polo Tren da Sabana. A poboación non é só soada pola explotación de sal, senón tamén por un dos achados de restos humanos máis antigos de Colombia no Val do Abra.Correal, Gonzalo; Thomas van der Hammen y J.C. Lerman 1970: "Artefactos líticos de abrigos en El Abra, Colombia"; Revista Colombiana de Antropología 14: 9-46.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Museos de Colombia