Thanatos é un videoxogo de acción desenvolvido por Durell Software para Amstrad CPC, Commodore 64 e ZX Spectrum en 1986.
Sinopse O dragón Thanatos esperta tras séculos durmido, quizais lembrando o seu pasado cando ós vinte anos un feitizo dun bruxo maligno fixo que pasara de príncipe a dragón. Para recuperar a súa forma pasada precisaba que unha rapaza loira recollera os elementos dun conxuro, os labregos da aldea da contorna do antigo castelo non queren colaborar e deciden enfrontarse ó dragón e este decide arrasar a aldea.
Acollida
Thanatos foi aclamado pola crítica. A versión ZX Spectrum foi "Pick of the Week" de Popular Computing Weekly''', e recibiu o premio "CRASH Smash" da revista Crash, un premio "Megagame" de Your Sinclair, 4 de 5 estrelas de Sinclair User, e 8 de cada 10 de Computer & Video Games.
O tamaño do protagonista destacou nestas críticas, xa que o dragón ocupa un terzo da lonxitude da pantalla. Sobre a animación do dragón, Jim Douglas comentou que "os gráficos realmente cobran vida cando ves o dragón voando sobre a paisaxe. As ás baten con efectos de son soberbiamente convincentes, e o dragón tamén move a cabeza". Crash opinou "o movemento do dragón principal é moi suave e realista" e C&VG descubriron que Thanatos "é un personaxe grande e ben animado que realiza xiros e aterraxes ordenados baixo petición". Tamén se eloxiou o fondo de scrolling parallax, así como a atmosfera xeral e a satisfacción de controlar unha criatura tradicionalmente malvado. Houbo pequenas críticas; Crash considerou que Thanatos era "un pouco difícil" e PCW'' concluíu "Non estou 100% seguro de que te manteña enganchado durante semanas".
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Thanatos en MobyGames Thanatos en SpectrumComputing.co.uk
Categoría:Videoxogos de 1986 Categoría:Videoxogos de acción Categoría:Videoxogos dun só xogador Categoría:Videoxogos de Commodore 64 Categoría:Videoxogos de ZX Spectrum Categoría:Videoxogos de Amstrad CPC Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Reino Unido