Carlos Rodríguez Silvar, máis coñecido como Calros Silvar, nado o 31 de decembro de 1954 en Ferrol, é un debuxante, pintor e ilustrador galego.
Traxectoria En 1977 graduouse en Artes Aplicadas, especialidade de Interiorismo, na Escola de Artes e Oficios Artísticos Nº 10 de Madrid. No curso 1980 acada o título de profesor de Debuxo pola Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando. e en 1982 Licenciouse en Belas Artes, especialidade Pintura, pola Universidade Complutense de Madrid coa tese de licenciatura Una experiencia de diseño aplicado a la industria cerámica. Sargadelos 1980-1981.
Na súa etapa de estudante de Belas Artes iniciouse como humorista gráfico, caricaturista, debuxante de banda deseñada e ilustrador na editorial Codipres, de Madrid, e mais n' A Nosa Terra, de Santiago de Compostela. Dende finais da década dos 1970 até mediados dos 90 colaborou en diversas publicacións periódicas como ilustrador, humorista gráfico e caricaturista (Crash, Can sen Dono, XO!, entre outras), até que centrou a sua actividade no campo editorial, especializándose ao tempo na ilustración da natureza.
Porén, a súa actividade profesional central durante 30 anos foi o Deseño de produto en porcelana, para o Grupo Sargadelos nas Cerámicas do Castro, Sada. Mas a fotografía, o debuxo ou a pintura seguiron a ser actividades recorrentes, que se plasmaron en numerosas exposicións e publicacións ou produtos variados (libros de texto e de literatura en xeral, guías de campo, paneis divulgativos, folletos, cartaces, autocolantes, camisolas, anagramas, etc).
No 1985 promove o Colectivo de Creación audiovisual Ollo de Vidro, inserido na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda de A Coruña que, ate a década dos 2000, promove a realización de diaporamas, cursos e exposicións de fotografía ou os populares "Safaris Fotográficos", que dan a coñecer lugares de interese natural e cultural da contorna galega, entre outras actividades no eido audiovisual.
Como debuxante da natureza, destaca a súa colaboración na Colección Baía Verde, de Baía Edicións da Coruña https://baiaedicions.gal, destacando as Guía de campo de Aves de Galicia, de Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López (primeira edición no 1991 e a primeira guía de campo realizada integramente no Estado español); a Guía das árbores de Galicia, de Henrique Niño Ricoi no 1977, ás que seguiron as guías de Mamíferos de Galicia, das Macroalgas, dos Fentos, a Guía Micolóxica, dos Anfíbios e réptiles e das Libélulas. https://baiaedicions.gal/156-natureza
Algunhas destas guías adaptáronse para SUA Edizioak, https://sua.eus/es/sua-edizioak/, que tiróu a Guía de árboles de Euskal Herria, de Henrique Niño Ricoi e máis a Guía de aves de Euskal Herria, de Penas Patiño e Pedreira Lópezhttps://www.todostuslibros.com/libros/euskal-herriko-hegaztien-gida_978-84-8216-736-7 e tamén coa editorial catalán Cossetania, https://lafinestralectora.cat/editorials/cossetania/
Tamén é un dos autores das ilustracións da obra en dous volumes Atlas de vertebrados de Galicia, editado en 1995 pola Sociedade Galega de Historia Natural e o Consello da Cultura Galega.
Así mesmo, é o autor e ilustrador da colección A Nosa Natureza, de Promocións Culturais Galegas - A Nosa Terra, https://egu.xunta.gal/es/termo/173709/promocions-culturais-galegas-s-public sobre diversos aspectos da natureza, narrados didacticamente e co asesoramento de especialistas en cada materia.
Desde 2014 ate o 2019 é propietario de ACADA Comunicación S. L., sociedade localizada en Sada. https://www.informa.es/directorio-empresas/Empresa_ACADA-COMUNICACION.html
Na súa última etapa como ilustrador en activo, ten colaborado nas Guías desplegables de Tundra ediciones https://www.tundraediciones.es/index.php?lang=es
Na actualidade participa nas actividades ambientais da Sociedade Galega de Historia Natural https://sghn.org; na Fundación para a custodia do territorio Fragas do Mandeo https://www.fragasdomandeo.org/?lang=es, no eido da fotografía, no Colectivo Ollo de Vidro https://acalexandreboveda.gal, ao tempo que mantén certa actividade como ilustrador colaborando en diversos proxectos editoriais e publicitarios con https://www.candidopazos.com
Obras (escolma) Cuadernos de Naturaleza Tundra. Helechos. Tundra editorial, 2022. Cuadernos de Naturaleza Tundra. Plantas medicinales. Tundra editorial, 2022. Ferrol, a minha terra (versos ferroláns). Edicións Embora, Ferrol, 2020. Árbores de Bonaval. Museo do Pobo galego. Santiago de Compostela, 2017. Cuadernos de Naturaleza Tundra. Árboles. Tundra editorial, Alicante, 2016. Cuadernos de Naturaleza Tundra. Libélulas. Tundra editorial, 2016. 100 arbres fácilment identificables. Cossetánia edicions 2013 Guía de Árboles, especies habituales y emblemáticas, revista Euskal Herria, SUA Edizioak, 2012. El Roure. Salvatella, 2012. Barcelona. O Carballo, Baía Edicións, 2012. Aves de Euskal Herria, SUA Edizioak, 2012. Guía de Aves del Pirineo. Revista Pirineos. SUA Edizioak, 2012. Guía das Libélulas de Galicia, Baía Edicións, 2011. Aus. Salvatella, 2010. Barcelona. Arbres. Salvatella, 2010. Barcelona. Bolets. Salvatella, 2010. Barcelona. Cogumelos do Norte de Portugal e Galiza, 2009. Mel Editores (portugués). Plantas Medicinais do Norte de Portugal e Galiza, 2009. Mel Editores (portugués). Guía dos Fentos de Galicia, Baía Edicións, 2008. A Coruña. Plantas Medicinais, A Nosa Terra, 2008. Vigo. Guía dos Mamíferos de Galicia, Baía Edicións, 2007. A Coruña. Las Gentes. Meigas, trasnos e lobishomes. ERA Ediciones, 2007. A Coruña. Non queimes o futuro.Unidade didáctica de primaria. AS-PG, 2006. A Coruña. Cogomelos de Galicia. A Nosa Terra, 2006. Vigo. Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. Baía Edicións, 2006. A Coruña. Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos. Baía Edicións, 2005. A Coruña. Guía de Macroalgas de Galicia. Baía Edicións, 2002. A Coruña. El Mundo de los Animales. Editorial Siruela, 1998. Madrid. Guía das árbores de Galicia. Bahía Edicións, 1997. A Coruña. Vermes e outros invertebrados (Edicións A Nosa Terra, 1997). ISBN 978-84-8913-873-5. Artrópodos (Insectos e Arácnidos) (Edicións A Nosa Terra, 1997). ISBN 978-84-8913-891-9. Observando os vexetais (Edicións A Nosa Terra, 1997). ISBN 978-84-8997-634-4. Orixe e evolución II (Edicións A Nosa Terra, 1995). ISBN 978-84-8913-824-7. O entroido: a vella festa continúa (Con Felipe-Senén López Gómez; Baía Edicións, 1994). ISBN 978-84-8767-442-6. Fungos e cogomelos de Galicia. Unidade didáctica. Bahía Edicións, 1993. A Coruña. (Colección de Unidades didácticas) Guía das aves de Galicia (Baía Edicións, 1991) Baldaio, espazo natural protexido. ADEGA-Bahía Edicións, 1992. A Coruña. Manual de Ornitoloxía. Iniciación ás aves de Galicia. SGHN-Deputación de Pontevedra, 1990. Canles. Lingua galega, 6º e 7º E.X.B. Ed. Xerais, (2 tomos), 1988. Vigo. Os Gazafellos. Colección Barco de vapor. SM-Galaxia, 1987. Vigo. Galicia: A lo claro. Ed. Popular, 1986. Madrid. Galicia: Brujería, superstición y mística. Ed. Penthalon, 1981. Madrid. Historia do pobo de Xesús. De Exipto chamei ó meu fillo. Edicios do Castro, 1980. Sada. (Colección de 10 títulos). Guía das aves de Galicia. Ed. Galaxia, 1980. Vigo.
Premios 1º Premio de Debuxo de Radio Ferrol, 1966. 1º Premio de Cómic da Agrupación Cultural O Facho, 1985. 2º Premio de Cómic Casa da Xuventude de Ourense, 1985. 1º Premio Curuxa do Humor. Museo do Humor de Fene, 1988. Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado, 2007, outorgado pola Asociación Galega de Editores, pola obra Guía dos mamíferos de Galicia, de Juan Ignacio Díaz d'a Silva e Yosy Cartelle, editado por Baía edicións. Nomeado aos Premios Mestre Mateo ao Audiovisual de 2003, por Cecebre-Ecoxogo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Carlos Rodríguez Silvar en Galegos. Galicia digital. Bibliografía de pintura gallega: Carlos Rodríguez Silvar, (Ferrol, 1954) en Pintores Gallegos. Silvar, Carlos en cultura.galiciadigital.com https://www.behance.net/calrossilvar. https://www.instagram.com/calrossilvar/
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1954
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia