Leticia é un concello colombiano que se atopa no extremo sur do país. É a capital do departamento do Amazonas. Ten unha superficie de 5 968 km² e unha poboación de 42 280 habitantes (2018),Población de Leticia, DANE, resultados oficiales del censo 2005, última consulta o 24 de xuño de 2010. Malia estar arredada dos principais centros urbanos do país, sen comunicación por estrada, constitúe un nexo comercial importante co Brasil, debido á súa situación de cidade limítrofe sobre o río Amazonas e formando o trifinio coñecido como Tres Fronteiras co Perú e o Brasil.

Reúne case o 60% da poboación do departamento e a maior parte é indíxena de diversas comunidades como: os witotos, ingas, tucanos, ticunas e nukak. A cidade ten un gran crecemento demográfico e tecnicamente forma unha soa cidade xunto co concello brasileiro de Tabatinga.

Toponimia Leticia é un porto, chamado así polo transporte que se realiza a través de ríos, isto é común en Colombia que posúe unha rede fluvial de 24 725 km. Foi fundada como porto fluvial o 25 de abril de 1867 cando aínda pertencía ó Perú, e nun comezo chamouse San Antonio, nomeada así polo capitán peruano Benigno Bustamante, quen era Gobernador de Loreto (Perú). O 15 de decembro dese ano o porto cambiou de nome a Leticia, polo enxeñeiro Manuel Charón, na honra a Leticia Smith, a súa esposa. Este enxeñeiro era moi coñecido e importante na localidade.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Amazonas, Colombia Categoría:Cidades de Colombia