Ana Maria Machado, nada no Río de Xaneiro o 24 de decembro de 1941, é unha xornalista, profesora, pintora e escritora brasileira.

Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ruth Rocha e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.

Traxectoria Formada en Letras na Universidade do Brasil, Ana Maria Machado estudou despois na Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ) e na Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (PUC-RJ). Como xornalista, traballou durante máis de dez anos na Rádio Jornal do Brasil. En 1978 gañou o Prêmio Jabuti de Literatura. Foi unha das fundadoras, en 1980, da primeira libraría infantil no Brasil, a Malasartes (en Río de Xaneiro), que existe até hoxe. Nesa década publicou máis de corenta libros, e en 1981 recibiu o Premio Casa de las Américas polo libro De Olho nas penas.

O recoñecemento mundial das obras de Ana Maria Machado aconteceu no 2000, cando obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio de literatura infantil. No mesmo ano foi condecorada coa Orde do Mérito Cultural. En 2010 recibiu un Premio Príncipe Claus, dos Países Baixos, e, en 2013, o brasileiro Premio Passo Fundo Zaffari e Bourbon de Literatura.

O 19 de xullo de 2011 nunha entrevista declarou que xa vendera, en todas as traducións, uns 19 milóns de exemplares das súas publicacións.

Machado actúa intensivamente na promoción da lectura e no fomento do libro.

Academia Brasileira de Letras Ana María Machado é a sexta ocupante da cadeira 1 da Academia Brasileira de Letras (ABL), cuxo patrono é o poeta Adelino Fontoura. Foi elixida o 24 de abril de 2003, sucedendo a Evandro Lins e Silva, e recibida o 29 de agosto de 2003 polo académico Tarcísio Padilha.

O 8 de decembro de 2011 foi elixida presidenta da Academia Brasileira de Letras para o bienio 2012-2013.

Principais obras Entre outros libros, son da súa autoría: Literatura infantoxuvenil

Uma Vontade Louca Amigo É Comigo Isso Ninguém Me Tira Bento que Bento é o Frade Bisa Bia, Bisa Bel (novela), 1981 De olho nas penas Do outro mundo O canto da praça Bem do seu tamanho Tudo ao mesmo tempo agora O Que É? Dandinha danda Abrindo Caminho Alguns Medos e Seus Segredos Era Uma Vez Três O Gato do Mato e o Cachorro do Morro Menina Bonita do Laço de Fita Conto de Fadas O mistério da ilha Amigos Secretos De carta em carta Quem manda na minha boca sou eu!! O domador de monstros História Meio ao Contrário Literatura para adultos

Alice e Ulisses, (novela), 1984 Aos Quatro Ventos, (novela), 1993 A Audácia dessa Mulher, (novela), 1999 Canteiros de Saturno, (novela), 1991 Como e Por Que Ler os Clássicos Universais desde Cedo, (libro teórico), 2002 Contra Corrente, (colectánea de artigos), 1999 Democracia, (colectánea de artigos), 1983 Esta Força Estranha, (biografía), 1998 O Mar Nunca Transborda, (novela), 1995 Para Sempre, (novela), 2001 Recado do Nome, (tese de doutoramento), 1976 Texturas - sobre Leituras e Escritos, (colectánea de artigos), 2001 Tropical Sol da Liberdade, (novela), 1988 Um Mapa Todo Seu, 2015

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial da escritora. Perfil no sítio oficial da Academia Brasileira de Letras. A fada das letras, Revista Veja. Obra de Ana Maria Machado surpreende a própria autora, Editora Ática. Entrevista en World Literature Today'' .

Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Membros da Academia Brasileira de Letras