Girl é un filme belga de 2018 dirixido por Lukas Dhont. Foi escrito por Dhont e Angelo Tijssens. Foi estreado na sección Un Certain Regard do Festival de Cinema de Cannes de 2018. Gañou a Caméra d'Or, así como a Queer Palm. Tamén en Cannes, Victor Polster gañou o premio do xurado Un Certain Regard pola súa interpretación. Foi escollido como o candidato belga para os Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 91ª edición dos premios.

Sinopse Lara, unha rapaza transxénero de 15 anos, estuda nunha prestixiosa academia de danza belga. Os rigores do adestramento como bailarina son cada vez máis complicados por mor da súa preparación para unha cirurxía de reasignación de sexo.

Personaxes Victor Polster como Lara Arieh Worthaler como pai de Lara Valentijn Dhaenens como Pascal

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bélxica propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 91ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Lukas Dhont Categoría:Filmes de adolescentes Categoría:Filmes sobre temática LGBT de Bélxica Categoría:Filmes sobre temática transxénero