O Grupo Folha é un conglomerado de cinco empresas brasileiras de Medios de cominicación, fundado polo empresario Octavio Frias de Oliveira (1912-2007) e dirixido polo seu fillo Luiz Frías desde 1992.
Datos económicos Na última década o grupo case triplicou a súa facturación, chegando aos 2 700 millóns de reais en 2010. O lucro antes de descontar os intereses, impostos, depreciacións e amortizacións (EBITDA) alcanzou os 600 millóns de reais.
O grupo publica o xornal de maior circulación do Brasil, a Folha de S. Paulo (en portugués, Folha de S. Paulo) que, desde 1986 mantén o liderado entre os diarios nacionais de interese xeral.
En febreiro de 2012, este periódico ampliou o seu liderado entre os diarios de prestixio no Brasil, con 297 500 exemplares en circulación, media diaria do mes, situándose nun 12 % por diante do carioca O Globo, e nun 20,3 % por riba de O Estado de S. Paulo.
En setembro de 2016 o Grupo Globo comprou a última parte do Grupo Folha e pasou a ser o único dono do diario Valor Econômico.
Distribución e impresión Nos sectores de distribución e impresión, o Grupo Folha conta coas unidades de negocio Transfolha e Folhagráfica. Tamén posúe participacion accionarial nas empresas Plural e SPDL. A Plural é resultado dunha joint-venture coa estadounidense Quad/Graphics e co control do Grupo Folha.
A SPDL é unha asociación entre os grupos Folha (50 %) e Estado (50 %) e distribúe os xornais das dúas empresas. Tamén fan parte do Grupo Folha o Datafolha, un dos principais institutos de investigación sociolóxica do país; a editora Publifolha; o selo Três Estrelas, lanzado en 2012 para publicar libros nas áreas de humanidades, e a axencia de noticias Folhapress.
Internet miniatura|Entrada principal do grupo Folha.
1995 A Folha lanza o primeiro xornal en tempo real do país, o FolhaWeb.
1996 Lánzase en abril o Universo Online (UOL), provedor de acceso a Internet e contidos.
1999 O FolhaWeb pasa a chamarse Folha Online.
2010 En decembro, o UOL concluíu a compra da Diveo Broadband Networks. O grupo comezou a producir e distribuír o contido xornalístico en formato compatíbel con dispositivos móbiles.
2012 O xornal adopta o paywall.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Grupo Folha - Institucional Universo Online Livraria da Folha TV Folha