Domantas Sabonis, nado o 3 de maio de 1996 en Portland, Oregón, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). É o fillo de Arvydas Sabonis, membro do Basketball Hall of Fame.

Traxectoria profesional Sabonis foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Ersan İlyasova e Victor Oladipo, a cambio de Serge Ibaka.

O 6 de xullo de 2017, Sabonis foi traspasado xunto a Victor Oladipo ós Indiana Pacers, a cambio de Paul George.

O 8 de febreiro de 2022, Sabonis foi traspasado xunto a Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson. O día seguinte, Sabonis debutou cos Kings na vitoria por 132–119 sobre os Minnesota Timberwolves, facendo 22 puntos, 14 rebotes e 5 asistencias.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Portland, Oregón Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do CB Málaga Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings