O papagaio cubano ou amazona cubana (Amazona leucocephala) é unha especie de ave psitaciforme da familia dos papagaios (Psittacidae). É unha especie autóctona de Cuba e dalgunhas illas achegadas. Existen catro subespecies:
A. l. leucocephala presente en Cuba e a Illa da Juventud. A. l. bahamensis con dúas poboacións nas Bahamas, unha en Ábaco e outra en Gran Inagua. A. l. caymanensis presente en Gran Caimán. A. l. hesterna presente en Caimán Brac, dentro das illas Caimán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas World Parrot Trust Parrot Encyclopedia - Species Profile
Categoría:Aves de Cuba Categoría:Aves das Bahamas Categoría:Aves das Illas Caimán Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné