Guillerme de Poitiers (en ), coñecido tamén coma Guillerme IX de Aquitania, Guillerme IX o Trobador (en occitano: Guilhèm IX lo Trobador) ou aínda coma Guillerme o Trobador (en francés: Guillaume le Troubadour), nado o 22 de outubro de 1071 e finado o 10 de febreiro de 1126, foi un nobre occitano, noveno duque de Aquitania, sétimo conde de Poitiers e primeiro dos trobadores en lingua occitana do que se ten noticia.

Traxectoria Naceu en 1071, fillo de Guillerme VIII de Aquitania e da súa terceira esposa, Audéarde de Borgoña, filla do duque Roberto I de Borgoña. Cando faleceu o seu pai en 1086, herdou uns dominios máis extensos que os do propio rei de Francia, de quen era nominalmente vasalo. Nos anos 1101 e 1102, participou tardiamente na Primeira Cruzada trala caída de Xerusalén. Sostivo varias guerras contra os condes de Tolosa. Foi excomungado en dúas ocasións, unha delas por abandonar a súa esposa lexítima e arrebatarlle á forza a muller ao seu vasalo o vizconde de Châtellerault. Entre 1120 e 1123 combateu xunto a Afonso I o Batallador, o seu concuñado, para tentar arrebatar ós musulmáns o reino de Valencia. O vínculo de Guillerme o Trobador e Afonso o Batallador é dobre. Dunha parte, Inés de Aquitania (irmá de Guillerme o Trobador) casou con Pedro I de Aragón, o cal faleceu sen descendencia masculina, herdando os seus reinos o seu irmán Afonso o Batallador. Doutra, porque á morte do Batallador, que faleceu sen descendencia, herdou os seus reinos o seu irmán Ramiro II o Monxe, o cal casou con Inés de Poitou, filla de Guillerme o Trobador. Por iso é polo que o Trobador resultou cuñado de Pedro I de Aragón e concuñado dos seus irmáns, Afonso o Batallador e Ramiro o Monxe.

Descendencia Do seu matrimonio con Filipa de Tolosa tivo os seguintes fillos: Inés de Poitou († 1159), esposa de Aimar de Thouars e de Ramiro II de Aragón; Guillerme X de Aquitania (1099 - 1137), derradeiro duque de Aquitania; Raimundo de Poitiers (ca. 1115- 1149), polo seu matrimonio con Constanza, Príncipe consorte de Antioquía.

Obra literaria Guillerme de Aquitania é o primeiro poeta de nome coñecido nas literaturas románicas. Consérvanse 11 poemas seus, nos que a temática amorosa é tratada ás veces con gran crueza: autodenominábase «trichador de dòmnas», alardeaba das súas proezas sexuais e moitos dos seus poemas están adicados á súa amante, Maubergeonne, á que chama a Perigosa. Noutra composición, pide ós seus cabaleiros que o axuden a escoller cabalo:

Noutros poemas, amosa unha sensibilidade moi diferente: POS DE CHANTAR M'ES PRES TALENZ- Guilhem de Peitieu (1071 - 1126)

Acolleu na súa corte ó bardo galés Blédri ap Davidor, quen introduciu nas literaturas románicas a lenda celta de Tristán e Iseu.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Biographies des troubadours ed. J. Boutière, A.-H. Schutz (París: Nizet, 1964) pp. 7–8, 585-587. Bond, Gerald A., ed., transl. intro. The Poetry of William VII, Count of Poitier, IX Duke of Aquitaine, (Garland Publishing Co.:Nova York) 1982 Duisit, Brice. Las Cansos del Coms de Peitieus (CD), Alpha 505, 2003 Harvey, Ruth E. The wives of the 'first troubadour', Duke William IX of Aquitaine (Journal of Medieval History), 1993 Meade, Marion. Eleanor of Aquitaine, 1991 Merwin, W.S. Sir Gawain and the Green Knight, 2002. pp xv-xvi. Nova York: Alfred A. Knopf. . Owen, D.D.R. Eleanor of Aquitaine: Queen and Legend Parsons, John Carmi. Eleanor of Aquitaine: Lord and Lady, 2002 Pasero, Nicolò, ed.: Guglielmo IX d'Aquitania, Poesie. 1973 Verdon, J. La chronique de Saint Maixent, 1979. Waddell, Helen. The Wandering Scholars: the Life and Art of the Lyric Poets of the Latin Middle Ages, 1955

Categoría:Nados en 1071 Categoría:Excomungados pola Igrexa católica Categoría:Finados en 1126 Categoría:Duques de Aquitania Categoría:Escritores en lingua occitana Categoría:Condes de Tolosa Categoría:Condes de Poitiers