A Maltese Falcon Society é unha organización para admiradores de Dashiell Hammett, a súa novela The Maltese Falcon, libros de misterio e escritores en xeral. Fundada en San Francisco en 1981, a organización xa non está activo nos Estados Unidos mais no Xapón permance activa dende 1982. A póla xaponesa da sociedade presenta o Premio Falcon, a honra máis alta do Xapón no eido de misterio, para honrar as mellores novelas de misterio publicadas no Xapón.
Orixes A Maltese Falcon Society foi fundada en San Francisco o 20 de maio de 1981 por historiadores literarios, o biógrafo Don Herron e o investigador privado Jayson Wechter."The society that detects the mystique of mysteries" by Bethany Korwin-Pawlowska, Oakland Tribune, October 23, 1981, pp. C-1, C-5 A primeira reunión da sociedade celebrouse en "John's Grill","Maltese Falcon Society: Mystery lovers in spades", by Mike Hudson, Oakland Tribune, May 26, 1981, p. C-4 o restaurante onde comía Dashiell Hammett e que aparece en The Maltese Falcon. Os voceiros na primeira reunión foron David Fechheimer, un investigador de Hammett, e E. Hoffmann Price, un autor de ficción pulp.The Dashiell Hammett Tour: Thirtieth Anniversary Guidebook. By Don Herron. San Francisco: Vince Emery Productions, 2009. Páxina 199.
A sociedade estabeleceu sedes en Nova York e no Xapón. No ano 1982, a sociedade tiña 110 membros en San Francisco, 55 no Xapón e 50 en Nova York."Ryan's Dope" by William H. Ryan, San Francisco Appeal to Reason, v. 1 n. 4, 1982, p. 10 Como lema oficial, a sociedade adoptou o usado por Sam Spade no capítulo 2 de The Maltese Falcon: "Success to crime."
Notas
Categoría:Clubs Categoría:Literatura