María Araceli Filgueira Iglesias, nada en Lugo o 26 de maio de 1939, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria Filla de Xosé Filgueira Valverde. Cursou o bacharelato en Pontevedra. Fixo os estudos universitarios en Navarra e na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Foi coordinadora de Estudos do Colexio Fomento de Centros de Enseñanza de Vigo (1966-67), despois marchou a Oviedo e en 1970 foi profesora do Instituto de Pontevedra. En 1972 foi encargada da biblioteca da UNED en Pontevedra. En 1979 incorporouse á Xunta de Galicia para dirixir o Servizo de Bibliotecas e logo foi nomeada directora xeral de Bibliotecas e Patrimonio Documental.
Obras Camino francés. De Pontevedra a París por la ruta de las peregrinaciones, 1954. El comercio Pontevedrés y las ferias. La cocina gallega, 1982 (con Álvaro Cunqueiro). Sementeira. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1939 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes