David A. Álvarez Martínez, nado na Estrada en 1972, é un xermanista e tradutor galego.Entrevista en La Voz de Galicia, 21 de setembro de 2017.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía inglesa e alemá pola Universidade de Santiago de Compostela. Por outra banda, formouse en lingua sueca durante a súa etapa en Madrid (na Escola de Idiomas Jesús Maestro) e máis tarde durante a súa estadía entre 2013 e 2015 en Estocolmo.
É membro e secretario da Asociación Galega de Xermanistas.
Exerce a docencia no departamento de alemán da EOI de Santiago de Compostela, en paralelo ao labor como tradutor dende o sueco.
Traducións A Terra de Anna, de Jostein Gaarder (Kalandraka, 2017) Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2017) Pippi Mediaslongas embarca, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2018) Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2019) O lector, de Bernhard Schlink (Hugin e Munin, 2020) A arañeira, de Joseph Roth (Irmás Cartoné, 2021) A froita do coñecemento, de Liv Strömquist (Catro Ventos Editora, 2021) Ronia, a filla do bandoleiro, de Astrid Lindgren (Sushi Books, Rinoceronte Editora, 2023) Lotta, de Astrid Lindgren (Kalandraka, 2023) O emperador de Portugalia, de Selma Lagerlöf (Aira Editorial, 2023) O doutor Glas, de Hjalmar Söderberg (Irmás Cartoné, 2023)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Pippi Långstrump xa é parte da alma sueca", Palabradegatsby.com, 14 de novembro de 2017.
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do sueco Categoría:Nados na Estrada
Categoría:Nados en 1972
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes