O 31 de outubro é o 304º día do ano do calendario gregoriano (305º nos anos bisestos). Quedan 61 días para finalizar o ano.
Acontecementos 475: Rómulo Augústulo é proclamado emperador romano. miniatura|100px|Constitución española de 1978 802 - Irene, emperatriz bizantina, é deposta e enviada ao exilio á illa de Lesbos, onde morrerá ao ano seguinte. Sucédea no cargo Nicéforo I. 1517 - Martiño Lutero publica as 95 teses da súa Reforma protestante. 1900 - En Palma de Mallorca, matricúlase o primeiro coche en España. No mesmo ano matriculáronse outros tres coches máis: en Cáceres, Palma e Salamanca . 1918 - Independencia de Hungría. 1949 - A Garda civil mata en Pazos (Monfero) aos membros do Destacamento Arturo Cortizas, liderado por Adolfo Allegue Allegue. 1962 - Lanzamento do satélite artificial estadounidense Anna. 1978 - As Cortes españolas aproban a Constitución. 1992 - A Santa Sé rehabilita a Galileo Galilei, 360 anos despois do seu proceso. 1997 - O papa Xoán Paulo II recoñece que os prexuízos antixudeus atuíran a "resistencia espiritual" de moitos cristiáns ante a persecución nazi dos xudeus durante a segunda guerra mundial. 2003 - O primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, retírase oficialmente, rematando o seu mandato de 22 anos. A el é acreditado o liderado da economía de Malaisia a grandes alturas.
Nacementos miniatura|100px|Carlos Drummond de Andrade miniatura|100px|Peter Jackson miniatura|100px|Beverly Lynne 1391 - Duarte I, rei de Portugal (m. 1438). 1711 - Laura Bassi, médica italiana (m. 1778). 1865 - Wilfrid M. Voynich, bibliófilo lituano (m. 1930). 1892 - Alexander Alekhine, xadrecista ruso. 1900 - Ivan Sekanina, avogado e político checoslovaco (m. 1940). 1902 - Carlos Drummond de Andrade, poeta e escritor brasileiro. 1919 - Eloísa Angulo, cantante de música crioula do Perú (1991). 1925 - John Pople, químico inglés (m. 2004). 1946 - Carmen Alborch, política valenciana. 1961 - Peter Jackson, director de cine neozelandés. 1973 - Beverly Lynne, actriz estadounidense. 1990 - J.I.D, cantante de rap estadounidense.
Mortes miniatura|100px|Enriqueta Otero 1448 - Xoán VIII Paleólogo, emperador bizantino. 1541 - Pedro Gómez Sarmiento, cardeal galego (n. 1478). 1906 - Aureliano Pereira, político, xornalista e escritor galego (n. 1855). 1916 - Charles Taze Russell, fundador de Testemuñas de Xehová. 1935 - Arturo Rey Juncal, reloxeiro e político galego. 1936 - Tirso Gómez Freijido, político socialista galego (n. 1887). 1936 - Herminio González Cobelo, industrial e político galego. 1962 - Gabrielle Renaudot astrónoma francesa. (n. 1877) 1963 - Xavier Bóveda, xornalista e escritor galego (n. 1898). 1984 - Indira Gāndhi, primeira ministra da India. 1989 - Enriqueta Otero, mestra e guerrilleira antifranquista galega (n. 1910).
1993 - Federico Fellini, director cinematográfico italiano. 1994 - Enrique Vidal Abascal, matemático e astrónomo galego (n. 1908). 1996 - Marcel Carné, director de cine francés. 2007 - Erdal İnönü, físico e político turco. 2020 - Sean Connery, actor escocés (n. 1930).
Festas e celebracións Día mundial do Aforro Día Mundial das Cidades (UN.org) Samain, nos países célticos. Halloween, nos países anglo-saxóns.
Outros Santoral: San Quintín, mártir; Santo Alfonso Rodríguez.
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro