Luisa Gayoso foi unha poeta e propagandista galega, probablemente nada en Santiago de Compostela, quen puido usar este nome como pseudónimo e cuxa identidade real se descoñece.
Traxectoria Pertenceu á Juventud Católica Femenina de Santiago de Compostela, na que consta como asociada polo menos desde xaneiro de 1928. A súa actividade poética nas reunións e actos que desenvolvía esta asociación era declamada sempre por outros, polo que este é outro motivo para pensar que Luisa Gayoso non era o seu nome real. Á parte dos seus poemas, destaca o seu «estudo comparativo dos dereitos civís recoñecidos á muller nas distintas lexislacións», nunha reunión celebrada no Salón Teatro en decembro de 1929 , temática na que semella estivo comprometida firmemente.
Entre 1928 e 1929 publicou algúns dos seus poemas no boletín da referida asociación católica e, finalmente, a finais de 1930 publicou na Imprenta do Seminario Conciliar Central de Santiago o poemario Myosotis. Poesías, cun total de 52 poemas. Antón de Pepiño fixo nas páxinas de El Ideal Gallego unha crítica favorable.
Entre outubro de 1932 e outubro de 1939 publicáronse en El Compostelano varios dos seus poemas contidos en Myosotis. Tamén apareceu no xornal El Eco de Santiago, en xuño de 1933, un poema seu titulado "A Mosquera Pérez", inédito ata ese momento. Tamén mantivo correspondencia no ano 1933 con Xosé Mosquera Pérez, coñecido como O vello dos contos, a propósito da súa actividade radiofónicaCarta gardada no arquivo do Padroado da Fundación Rosalía de Castro, coa sinatura M001 027, dentro do Fondo Xosé Mosquera Pérez..
A súa obra foi citada nos anos da posguerra, entre 1941 e 1949 por autores como Diego de Muros, quen parecía coñecela ben.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá