Prokip Khmelovskyi (en ; en ), nado en 1600 ou 1603 en Mazovia e finado o 22 de febreiro de 1664 en Derman (hoxe no distrito de Zdolbuniv, Ucraína), foi un relixioso grecocatólico ucraíno, bispo de Przemyśl, Sambor e Sanok dende 1652 até o seu pasamento. Traxectoria Prokip Khmelovskyi naceu en Mazovia nunha familia da nobreza católica latina, arredor do ano 1600. Quedou orfo a temperá idade, pasou ao rito bizantino, e entrou nos basilianos. En 1620 comezou os seus estudos no colexio xesuíta de Braunsberg, e entre 1627 e 1631 estudou no colexio xesuíta de Praga. Logo de ser ordenado sacerdote predicou en Minsk e en Žyrovicy. Posteriormente foi reitor do colexio de Volodymyr dende 1639.

O 24 de agosto de 1639 Kasiian Sakovych renunciou ao cargo de arquimandrita do mosteiro da Exaltación da Santa Cruz de Dubno, e Khmelovskyi pasou a ser o abade do mosteiro.

Foi nomeado bispo coadxutor de Przemyśl, Sambor e Sanok xunto a Atanasii Krupetskyi en 1651, e o 2 de marzo do mesmo ano foi consagrado bispo en Polack polo metropolita Antin Seliava. No mesmo ano foi tamén nomeado administrador de Lutsk-Ostroh. Como coadxutor de Krupetsyi loitou por garantir os seus dereitos episcopais fronte ao ortodoxo Antonii Vynnytskyi; logo do pasamento de Krupetskyi sucedeuno como bispo diocesano, recibindo a aprobación real o 21 de setembro de 1652, o que reavivou a disputa con Vynnytskyi. Non foi quen de tomar posesión da sé de Przemyśl, e estabeleceuse en Walawa, adicándose sobre todo á restauración da eparquía de Ostroh.

En 1662 tomou como coadxutor a Antin Terletskyi. Enfermo e esgotado, retirouse da vida activa e estabeleceuse en Derman, onde finou o 22 de febreiro de 1664.

Notas

Categoría:Nados en 1600 Categoría:Nados en 1603 Categoría:Nados en Polonia Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Bispos católicos do século XVII Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Finados en 1664