Ponte da Pasaxe foi un apeadoiro de RENFE no p. k. 544 da liña León - A Coruña, construído na aldea da Pasaxe, na Coruña, próximo á ponte do mesmo nome.
Historia A instalación foi construída para dar servizo ás aldeas da zona e, grazas a construción da ponte da Pasaxe, ao concello de Oleiros, que se estaban a converter en áreas para o espallamento e lecer da burguesía coruñesa.
A degradación padecida na década de 1980, de servizos e infraestrutura ferroviaria así como a da zona, abafada entre infravivendas e a autoestrada urbana AC-12, motivou o descenso de viaxeiros e finalmente a supresión desta parada.
Notas
Ponte Pasaxe Categoría:Transporte na Coruña Categoría:Estacións de tren desaparecidas de España