A Sociedade dos Misioneiros de San Paulo (en ; en , "Xamaiah Mursilin al-Qudis Bulus") é unha sociedade de vida apostólica de dereito diocesano, dependente do patriarcado greco-melquita de Antioquía. Os membros da sociedade, coñecidos popularmente como paulistas, engaden ao seu nome as siglas S.M.S.P.
Historia A congregación foi fundada en Harisa polo bispo de Balbik Xirmanus Muaqad: constatando a grande ignorancia relixiosa dos seus fieis, tivo a idea de estabelecer un grupo de sacerdotes que predicasen en misións populares nas zonas rurais do Líbano. O patriarca de Antioquía Gregorio II Yusif apoiou o proxecto, e o papa León XIII aconselloulle poñer a súa obra baixo a intercesión de san Paulo.
O 15 de agosto de 1903 Muaqad comezou el mesmo a vida en común xunto a un sacerdote, un diácono e un laico. O 5 de agosto de 1925 a sociedade foi aprobada polo patriarca Demetrio I Qadi.
Actividade e difusión Os padres paulistas dedícanse ás misións populares, ao apostolado da prensa, e ao diálogo ecuménico cos ortodoxos antioquenos. Dende 1968, por iniciativa do Pontificio Consello para o Diálogo Interrelixioso, tamén se ocupan das relacións cos musulmáns.
En 1974 a sociedade contaba con 55 membros repartidos en 6 casas.
Superiores Xirmanus Muaqad (1903 - 1912) Xusif Sair (1912 - 1919) Bulus Suyur (1919 - 1922) Antuan Habib (1922 - 1951) Bulus Axqar (1951 - 1962) Xan Xami (1962 - 1968) Habib Baxa (1968 - 1975) Butrus Mualam (1975 - 1987) Xusif Kalas (1987 - 1999) Xusif Absi (1999 - 2001) Ilias Aria (2001 - 2013) Xurx Khawam (dende 2013)
Véxase tamén Bibliografía