Purificación Pazó Prado, nada en Ferrol o 11 de agosto de 1871Escalafón General Fusionado del Magisterio Primario con arreglo a su situación en 1 de enero de 1912, p. 78. e finada en 1958, foi unha mestra e política galega, a primeira muller concelleira de Galicia.La primera "política". Purificación Pazó Prado fue concejala de Moaña en 1925
Traxectoria Filla de Diego Pazó Cando, practicante municipal da Coruña,La Voz de Galicia, 15-12-1891, p. 3. e Antonia Prado Calo.Diario de Galicia, 25-4-1912, p. 2. Mestra de profesión. Foi nomeada mestra de Vixoi (Bergondo) en xullo de 1890.La Voz de Galicia, 9-7-1890, p. 2. Aprobou as oposicións ao Maxisterio en 1891 e elixiu destino en Allariz.El Magisterio Gallego, 15-12-1891, p. 1. En 1906 foi destinada á escola completa de nenas de Moaña, ocupando este posto até 1941. Logo da morte do concelleiro de Moaña Antonio Vázquez Parada en xuño de 1925, o Gobernador civil nomeou a Purificación Pazó para substituílo. Tomou posesión o 14 de xuño de 1925. O seu paso pola corporación municipal foi efémero, pois en decembro de 1925 quedou suspendido o goberno municipal pola oposición veciñal ao arbitrio polo tránsito do gando."Hace 75 años, una maestra fue ya concejala en Moaña", La Voz de Galicia, Vigo, 2-5-1989, p. 32.
Recoñecementos O 19 de abril de 1942 rendéuselle unha homenaxe en Moaña coa entrega dun pergameo en recoñecemento polo seu labor como mestra.El Noticiero Gallego, 25-4-1942, p. 2.
Unha rúa de Moaña leva o seu nome dende 2009.Moaña honra a tres mujeres con una calleEntre grandes mujeres Notas
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Concelleiros de Moaña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes