Rieju (acrónimo de Riera & Juanola) é unha marca de motocicletas catalá. Historia A empresa foi fundada en 1934 como unha fábrica de accesorios de bicicletas. En 1942 comezan a fabricación de bicicletas baixo as marcas Emporium e Marathon e en 1945 motocicletas. Produce unhas 10 000 motos ao ano. Os seus deseños caracterízanse por empregar motores doutras marcas. Primeiramente da italiana Minarelli e actualmente da xaponesa Yamaha.
Modelos en venda Ciclomotores Motos de cross Bicicletas eléctricas Motos eléctricas Motos de estrada
Categoría:Empresas de Cataluña Categoría:Fabricantes de motocicletas