A estación da Coruña-Término (denominación oficial), máis coñecida como a estación do Norte, foi unha estación de RENFE na cidade da Coruña até o ano 1964, cando un lume arrasou o predio de viaxeiros e todos os servizos pasaron a se concentrar na estación de San Cristovo.

Historia 300px|miniatura|Terreos que ocupaban as instalacións da estación do Norte. En 1858 a raíña Isabel II colocou a primeira pedra do que había ser a cabeceira da liña A Coruña - Palencia. Estaba situada no barrio da Gaiteira, na ribeira do río Monelos; provisionalmente foi construído en 1874 un predio de madeira para dar servizo aos viaxeiros con orixe e destino Lugo, no que sería a segunda liña férrea de Galiza, logo da Santiago - Carril.

A terminal de pasaxeiros definitiva foi inaugurada en setembro de 1883 polo rei de España Afonso XII e estivo operada pola Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España até a súa nacionalización por parte do Estado español en 1941, de aí que se coñecera popularmente como a "estación do Norte".

Coa conclusión das obras en 1957 da liña Zamora - A Coruña, que establecía unha conexión máis rápida desta última con Madrid e a posta en servizo da vía que uniría as liñas de Zamora e León grazas a un túnel baixo Eirís en 1958, comezou o declive da estación do Norte en favor de San Cristovo.

En xaneiro de 1964 un lume arrasou co predio de viaxeiros e parte das instalacións, producindo o peche da estación. En 1975, abandonadas xa as instalacións desde había anos, foi construída en parte dos terreos a actual estación de autobuses.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Estación da Coruña Estación da Coruña-San Diego Ligazóns externas As Xubias Os Castros A Gaiteira

Coruña-Término Categoría:A Coruña Categoría:Estacións de tren desaparecidas de España