Xosé María Rodríguez Castro é un sacerdote e político galego. Traxectoria Sacerdote e párroco de San Martiño de Bóveda. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura do BN-PG e foi elixido alcalde de Bóveda. Foi procesado en xuño de 1982 acusado de «inxurias e desacato á autoridade»La Voz de Galicia, 25-6-1982, p. 49. e foi xulgado na Audiencia de Lugo en marzo de 1983.Juzgado un alcalde nacionalista gallego por desobediencia a un ex gobernadorLa Voz de Galicia, 10-3-1983, p. 25. Nas municipais de 1983 encabezou a lista do BNG e volveu ser elixido alcalde grazas ao apoio do PSOE e Coalición Galega.La Voz de Galicia, 24-5-1983, p. 28. En xuño de 1984 presentou a súa dimisión logo da ruptura do pacto cos socialistas e Coalición Galega.La Voz de Galicia, 29-5-1984, p. 28.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Eleccións municipais en Bóveda

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Alcaldes de Bóveda Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia