A batalla de Inglaterra (en ) é un filme británico de 1969 dirixido por Guy Hamilton. Foi producido por Harry Saltzman e S. Benjamin Fisz. O filme documenta os eventos da batalla de Inglaterra, durante a segunda guerra mundial. Conta con numerosos actores británicos de sona, como Sir Laurence Olivier no papel de Hugh Dowding e Trevor Howard como Keith Park.Battle of Britain: Special Edition DVD (1969) BBC. Consultado o 22 de decembro de 2011 Está protagonizado por Michael Caine, Christopher Plummer e Robert Shaw como líderes do escuadrón.
Estreouse en galego o 7 de agosto de 1992 a través da TVG.La Voz de Galicia, 7 de agosto de 1992. Páx. 63
Personaxes Commonwealth Laurence Olivier como o Mariscal en Xefe do Aire Sir Hugh Dowding. Trevor Howard como o Vice-Mariscal do Aire neozelandés Sir Keith Park. Patrick Wymark como o Vice-Mariscal Trafford Leigh-Mallory. Christopher Plummer como o piloto canadense e Xefe de Escuadrón Colin Harvey. Michael Caine como o Xefe de Escuadrón Canfield. Ralph Richardson como o embaixador británico en Suíza. Robert Shaw como "Skipper", Xefe de Escuadrón. Susannah York como a muller de Colin, Maggie Harvey. Ian McShane como o sarxento Andy. Kenneth More como Capitán Baker, Xefe da base da RAF en Duxford. Edward Fox como o Oficial Archie.
Alemaña Curd Jürgens como o embaixador alemán en Suíza. Hein Riess, como o Mariscal Hermann Göring, Comandante en Xefe da Luftwaffe.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1969 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Guy Hamilton Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes ambientados en 1940 Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes sobre a segunda guerra mundial Categoría:Filmes de 1969 con versión en galego