Fe Rodríguez Rocha, nada en Barreiros en 1946, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Con 17 anos obtivo o título de profesora de corte e confección. Despois fixo o bacharelato nun instituto da Coruña. En 1970 fixou a súa residencia en Lourenzá onde foi presidenta da xunta local de Alianza Popular. Nas municipais de 1983 foi elixida concelleira e nomeada primeira tenenta de alcalde. Cando o alcalde José María López Noceda foi elixido parlamentario, Fe foi elixida alcaldesa. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu obter maioría absoluta. Foi deputada provincial dende 1999 desempeñando a área de servizos sociais e dende 2003 percibiu dedicación exclusiva. En 2011 abandonou a política activa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Lourenzá

Categoría:Alcaldes de Lourenzá Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Barreiros Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes