Xfce (pronunciado como letras individuais) é un contorno de escritorio para Unix e outros sistemas operativos baseadas nela como Linux, Solaris ou BSD. Está configurado para utilizarse co rato e os ficheiros de configuración normalmente están ocultos para o usuario normal.

Xfce pretende ser rápido e lixeiro, atractivo desde o punto de vista visual e fácil de usar.  Xfce encarna a filosofía tradicional de Unix de modularidade e reutilización.  Consiste en partes empaquetadas por separado, que xuntas fornecen todas as funcións do contorno de escritorio, pero poden ser seleccionadas en subconxuntos para adaptarse ás necesidades e preferencias do usuario.  Outra das prioridades de Xfce é a adhesión a estándares, especialmente os definidos en freedesktop.org.

Do mesmo xeito que GNOME, Xfce baséase no kit de ferramentas GTK, pero non é unha copia («fork») de GNOME.  Emprega o xestor de xanelas Xfwm. A súa configuración pode facerse integramente co rato, tendo ademais ficheiros de configuración avanzada agochados ao usuario xeral. Xfce non fornece animacións de escritorio, aínda que o Xfwm ten compatibilidade para elas.

Desde febreiro de 2019 a web de Xfce, está dispoñible en galego.

Distribucións Distribucións que inclúen Xfce como contorno principal:

Xfld (descontinuada) Archie (descontinuada) College Linux (descontinuada) DreamLinux (descontinuada) FreeSBIE (descontinuada) Kate OS (descontinuada) Morphix (descontinuada) MX Linux Slackware Slax (no pasado) Vector Linux Whoppix (descontinuada) Xubuntu Zenwalk

Outras inclúen Xfce como contorno opcional Debian Fedora openSUSE

Categoría:Informática Categoría:Software libre